XVIII CONGRESO NACIONAL DE ENÓLOGOS & II ENCONTRO DE ENÓLOGOS DE IBEROAMERICA Palencia, Castilla y León, 4-6 de abril de 2019.
abril 7, 2019
Xornada Técnica – Os viños rosados en Galicia
abril 10, 2019A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, entidade dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) celebrou en Sober (Lugo) unha xornada técnica: «RETOS E INNOVACIÓNS NO MERCADO: OS VIÑOS ROSADOS EN GALICIA”. O evento foi inaugurado polo alcalde de Sober, Luis Gutián, e o director da EVEGA, Juan M. Casares.
Esta acción encádrase nas accións do Plan de Transferencia de 2019 xestionado por AGACAL.
Colaboraron no acto Concello de Sober, Fundación Juana de Vega e D.O. Ribeira Sacra.
A primeira ponencia da xornada técnica: «RETOS E INNOVACIÓNS NO MERCADO: OS VIÑOS ROSADOS EN GALICIA” foi defendida por Beatriz Soto García, directora técnica do D.O. Ribeira Sacra. Na mesma estableceu o marco xeral dos viños rosados amparados por ese Consello Regulador.
A segunda ponencia da xornada técnica: «RETOS E INNOVACIÓNS NO MERCADO: OS VIÑOS ROSADOS EN GALICIA” estivo nas mans de Gonzalo Celayeta Escudero, director técnico da Adega San Martín, inscrita no DO. Navarra. Na mesma estableceu o marco xeral dos viños rosados no mercado, a evolución do seu consumo e as características dos viños amparados en Navarra.
María Graña Caneiro e Juan Carlos Vázquez Abal, ambos os dous técnicos Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) foron os encargados da terceira ponencia da xornada técnica: «RETOS E INNOVACIÓNS NO MERCADO: OS VIÑOS ROSADOS EN GALICIA”. Na mesma presentaron os resultados dunha experiencia de caracterización de castes tintas galegas para elaborar viños rosados.
A cuarta ponencia da xornada técnica: «RETOS E INNOVACIÓNS NO MERCADO: OS VIÑOS ROSADOS EN GALICIA”, foi defendida por varios adegueiros que contaron as súas experiencias. Grazas a Antonio Méndez (Señorío de Rubiós); Patricia Pérez (Ponte da Boga); Ignacio Álvarez (Abadía Da Cova-Adegas Moure) e Luis Buitrón (Adega Malcavada).