
Xornada Técnica – Viños de Garda
octubre 24, 2022
Eleccións á Xunta Directiva de AGE
enero 18, 2025Comezamos as actividades de este recén estreado 2025 cun interesante taller formativo sobre desalcoholización de viños, celebrado o pasado venres, 17 de xaneiro na Casa do Viño de Salvaterra de Miño (Pontevedra). A empresa BEVZERO, líder mundial en servizos e equipos de desalcoholización de bebidas, expuxo uso desta técnica como resultado da súa presenza a cada vez maior no mercado do viño.

A exposición da marca BEVZERO foi dirixida por Irem Eren, Directora de Desarrollo de Negocio, por Silvia Cedeño, Directora Xeral, e por Jacobo Lousas, Xerente de Ventas, permitíndonos valora a tendencia de mercado cara este tipo de bebidas de baixa graduación, así como os nichos de mercado dos mesmos.

De esquerda a dereita: Irem Eren, Silvia Cedeño e Jacobo Lousas, representantes de BEVZERO
Os máis de corenta asistentes puideron valorar de primeira man a técnica e os recursos cos que a empresa leva a cabo a desalcoholización total ou parcial dos viños, a través dunha interesante cata compartiva:
- Albariño testigo 12%
- Albariño parcialmente desalcoholizado 6%
- Albariño totalmente desalcoholizado 0.5%
- Espumoso parcialmente desalcoholizado 6%
- Mencía testigo 12%
- Mencía parcialmente desalcoholizado 9.5%
Sen dúbida, suporá unha gran ferramenta da que botar man nun mercado tan competitivo e cambiante e da que enólogos e técnicos, seguro xa tomaron nota.