
XXXVII Feira do Viño de Chantada
marzo 9, 2020
ENOFORUM 2021
febrero 12, 2021Un ano máis o Concello de Sober organizou unha nova edición da Feira do Viño de Amandi que este ano cumpliu a súa edición nº 40.
Por mor da pandemia ésta foi unha edición atípica, tanoto no formato coma nas datas elexidas para asúa celebración. A mostra consistiu nun Tunel do Viño celebrado no Hotel Palacio de Sober, espazo destinado á cata dos viños das adegas pertencentes a esta subzona da D.O. Ribeira Sacra, e á xa tradicional cata profesional na que se elixen os víño máis destacados.
O panel de cata profesional contou coma nas súas anteriores edicións con membros da Asociación Galega de Enólogos, que desta volta foron David Ledo e Maira Ratón.
Os viños premiados na Cata Oficial foron os seguintes:
Categoría de Tintos Xóvenes:
-Viña Mezquita
-Cruceiro
-Viña Cichón
Categoría de Brancos:
-Finca Cuarta
Categoría de Barrica e Outras Añadas:
-Garoubas