FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA 2019
marzo 11, 2019XVIII CONGRESO NACIONAL DE ENÓLOGOS & II ENCONTRO DE ENÓLOGOS DE IBEROAMERICA Palencia, Castilla y León, 4-6 de abril de 2019.
abril 7, 2019A Asociación galega de Enólogos participou activamente nesta edición do salón de Viños e Licores de Calidade de Galicia Vinisterrae con unha batería de actividades en colaboración coa Estación de Viticultura e Enoloxía EVEGA.
O día 1 de Abril celebrouse o TALLER PRÁCTICO «Descriptores positivos en viños brancos. Novos procesos de recoñecemento de atributos» impartido por Juan Carlos Vázquez, José Daniel Fornos e Luis Buitrón.
O presidente da Asociación Luis Buitrón foi tamen o encargado de impartir a Cata Técnica dos Viños Brancos premiados con «Acios de oro» na Cata Oficial da Xunta de Galicia 2018.
O Martes 2 de Abril celebrouse o taller práctico «Defectos dos viños brancos. Novos procesos de deteccion e corrección», relatado por Juan Carlos Vázquez, José Daniel Fornos e Luis Buitrón.
A continuación celebrouse a Cata Técnica dos Viños Tintos premiados con «Acios de oro» na Cata Oficial da Xunta de Galicia 2018.
A derradeira actividade foi a Cata Técnica os Viños premiados na última Cata oficial da Xunta de Galicia, correspondentes ás categorías:
– Colleiteiros e pequenas adegas
– Viños ecolóxicos
– Elaboracíóns en madeira
– Viños doutras colleitas
– IXP.
A Cata foi impartida pola enóloga Maira Ratón.