ENOFORUM é o maior congreso técnico científico de Europa para o sector vitivinícola, no que ademáis, nesta edición a Asociación Galega de Enólogos AGE participa como colaborador.
É o único congreso que reúne produtores, enólogos e enxeñeiros agrónomos, investigadores e provedores de tecnoloxía, fomentando o nacemento e o desenvolvemento da innovación no sector vitivinícola.
En 2021 celebraranse 3 eventos: o primeiro será en liña, Enoforum Web Conference (do 23 ao 25 de febreiro) e os outros dous presenciais, nos Estados Unidos no condado de Sonoma, California (do 5 ao 6 de maio) e en Italia en Vicenza (19-20 de maio).
Aquí adxuntamos un documento que explica o evento. A inscrición é gratuíta para os asistentes e é a mesma empresa que organizou Enoforum 2020 en España cun gran éxito de asistencia. Xa hai máis de 3000 inscritos en todo o mundo e xa é o congreso máis grande en viticultura e enoloxía do mundo, agardamos que sexa do voso interese.