
4º Encontro Galego de Enólogos
octubre 25, 2019
XXXVII Feira do Viño de Chantada
marzo 9, 2020Un ano máis celebramos en Casal de Armán o Encontro Galego de Enólogos que este ano cumpliu a súa 4ª Edición. Unha xornada técnica onde empresas punteiras do sector presentaron os últimos avances e innovacións no ámbito da enoloxía a preto dun centenar de profesionáis da enoloxía de Galicia.
O evento comprendeu charlas, presentacións, conferencias e catas para ilustrar na práctica as exposicións.
Arrancou o evento a empresa Diversey coa presentación do Plande Control L+D na adega para evitar desviacións organolépticas a cargo de Rodrigo Santos e Mateo García Rojo.
Seguimos coa ponencia de Enartis: ¿Cómo salvar todos os obstáculos na estabilización? a cargo de Pablo Izquierdo e Javier Olleta que rematou cunha cata de viños italianos.
Claudia Andreia foi a encargada de dirixir a presentación de Dolmar titulada ¿Sabes quen acompaña aos teus viños?
O prato forte da xornada foi a cata comentada de viños de moda no mercado internacional, a cargo do Máster of Wine Jonas Tofterup. Do mais interesante!!!
Jonas elabourou un percorrido por viños do mundo que están de moda porque moven volúmenes enormes, son competitivos e de excelente calidade.
A xornada foi todo un éxito tanto na organización das actividades como de participación, o que consolida o Encontro como unha das citas principáis da enoloxía en Galicia.