CONCURSO DE VIÑOS VINESPAÑA 2019
febrero 27, 2019FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA 2019
marzo 11, 2019Douscentos viños brancos procedentes do cuadrante noroeste da península asistiron á macrocata transfronteiriza que celebra, como todos os anos na primavera, a revista Gastronómica Gastronomía Galega & Turismo (HGg & T). Realizada esta vez na cidade portuguesa de Monçao, concretamente no Museo do Alvarinho. , instalación proporcionada pola Cámara Municipal desta cidade froteriza minhota, que colaborou coa organización.
O panel de cata estivo conformado por expertos e profesionais do mundo do viño, incluídos os membros da Asociación Galega de Enólogos (AGE), co seu presidente e secretario á fronte, Luís Buitrón e Pablo Estévez, respectivamente; membros da Asociación Galega de Sommeliers (AGASU), así como recoñecidos prescriptores tanto portugueses como españois.