Os obxectivos que perseguimos son:

  • Reunir e representar aos profesionais en calquera actuación que redunde no beneficio dos seus membros
  • Protexer e defender os intereses específicos dos seus membros, velando pola deontología profesional
  • Dignificar e revalorizar a profesión e a súa importancia no cumprimento do Reglamento Delegado (UE) 2019/934, que complementa o Reglamento (UE) 1308/2013, que regula as prácticas enolóxicas e a súa realización baixo a supervisión dun enólogo ou dun técnico cualificado. Promovendo así o desenvolvemento e progreso da actividade vitícola e enolóxica dos asociados
  • Facilitar o acceso de todos os asociados a unha formación científica e técnica continuada e de calidade, fomentando a actualización e reciclaxe profesional para a mellora do perfil e cualificación dos técnicos galegos
  • Colaboracións. Organización e participación en actividades que fomenten a colaboración con outras asociación, formando parte de comités asesores e participando en paneis de catas, tanto a nivel rexional como nacional
  • Actividades formativas ou educatuivas. Organización e participación en cursos, congresos, seminarios, catas… para a mellora da calidade dos técnicos galegos no saber facer dentro da adega, e na comprensión da complexidade sos viños galegos e das súas variedades
  • Actividades divulgativas. Organización e participación en charlas, coloquios, foros, encontros seminarios, catas… ou calquera outro acto de divulgación científica enoquímica, para dar a coñecer ao público especializado e xeral o mundo do viño e a súa cultura.